ASINA

para que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas reduza ao 10% o IVE dos servizos de reparación, aluguer e segunda man

En Amigos da Terra cremos que as empresas de servizos de reparación, aluguer e segunda man realizan un imprescindible labor social e ambiental. Son clave no noso obxectivo de acabar coa obsolescencia programada! Por iso cremos que #SeMerecenUn10.

Pero somos conscientes de que non basta con poñerlles un sobresaínte, son necesarias accións de promoción desde diferentes ámbitos, especialmente, as administracións públicas. Unha desas medidas debería ser a redución do IVE aplicado a estes servizos, que debería pasar do 21% actual ao 10%.

Ao reducir a carga impositiva sobre estes servizos, e por tanto o seu prezo, fomentarase a práctica da reparación e a reutilización fronte á compra de produtos novos, e incentivarase aos fabricantes para que os seus produtos sexan reparables e duradeiros.

Asina se ti tamén crees que
#SeMerecenUn10
(na súa nota e no IVE)!

Comparte a ciberacción!

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

En Amigos da Terra cremos que as empresas de servizos de reparación, aluguer e segunda man realizan un imprescindible labor social e ambiental. Son clave no noso obxectivo de acabar coa obsolescencia programada! Por iso cremos que #SeMerecenUn10.

Pero somos conscientes de que non basta con poñerlles un sobresaínte, son necesarias accións de promoción desde diferentes ámbitos, especialmente, as administracións públicas. Unha desas medidas debería ser a redución do IVE aplicado a estes servizos, que debería pasar do 21% actual ao 10%.

Ao reducir a carga impositiva sobre estes servizos, e por tanto o seu prezo, fomentarase
a práctica da reparación e a reutilización fronte á compra de produtos novos, e incentivarase aos fabricantes para que os seus produtos sexan reparables e duradeiros.

Asina se ti tamén crees que
#SeMerecenUn10
(na súa nota e no IVE)!

Comparte a ciberacción!

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

MOTIVOS POLOS QUE

#SeMerecenUn10

#1

Máis reparación supoñerá que cidadanía, empresas e administracións públicas deixen de xerar millóns de toneladas de residuos.

#2

A xeración de menos residuos supoñerá un aforro de custos de xestión para as administracións públicas, recursos que poderán destinar a educación ou sanidade.

#3

Produtos con vidas útiles máis longas e servizos de reparación menos custosos supoñerán un aforro para familias e empresas.

#4

Dado que a maioría de servizos de reparación son ofrecidos en pequenos comercios locais, o seu fomento será un impulso para as PEME, a principal fonte de emprego en España.

#5

A redución de residuos fará menos necesarios vertedoiros e incineradoras responsables da degradación de numerosos espazos e de emisións con graves impactos sobre a saúde.

#6

Será unha importante contribución á loita contra a exportación ilegal de residuos cara a países empobrecidos, que cada ano reciben millóns de toneladas de produtos electrónicos, como no caso de Ghana.

#7

Permitirá reducir a extracción de minerais que, en varios países do Sur, está asociada a impactos negativos sobre os ecosistemas e os Dereitos Humanos.

#8

Reducirá o consumo de auga a nivel global, un recurso cada vez máis escaso. Lembremos, por exemplo, que a produción dun teléfono móbil require de máis de 12.000 litros de auga e máis de 40 minerais diferentes.

#9

Reducirase o uso de enerxía para a produción de novos bens de consumo, coa consecuente menor contribución ao cambio climático.

#10

Diminuirá a presión sobre determinados recursos naturais, como o coltán, en lugares moi específicos do planeta como a República Democrática do Congo, que son fonte de conflitos armados.

semerecenun10-logo-transp

Se ti tamén crees que
#SeMerecenUn10

Se ti tamén crees que
#SeMerecenUn10

Esta petición forma parte da campaña de Amigos da Terra, Alargascencia, un directorio de establecementos onde reparar, alugar e comprar de segunda man, cuxo fin é ofrecer alternativas fronte á obsolescencia.